O LAGAR DO CHICHO

Unha bodega do Ribeiro con identidade

Chicho_dourado_branco@4x
A nosa Pequena historia

LUIS - O CHICHO

 icon

“O seu apodo da nome á Bodega”

Luis Diéguez Rodríguez é un colleiteiro que tras varias xeracións no mundo do viño e chegados ao ano 2016, decide crear “O LAGAR DO CHICHO”. Unha pequena bodega familiar adicada á elaboración de viños tintos e brancos situada no interior da Denominación de Orixe Ribeiro.

Calidade

Preocupámonos de que cada paso no proceso de producción sexa o máis respetuoso posible coa uva.

Seguridade

Os viñedos do Ribeiro “Lagar do Chicho”, reciben os cuidados necesarios baixo a supervisión do noso equipo especializado.

Identidade

Respetamos a identidade e personalidade dos solos no noso tipo de viticultura, mantendo a esencia do Ribeiro.

Ribeiro

Un produto cultivado e elaborado na súa totalidade en terras da Denominación de Orixe Ribeiro.
Os Nosos

Viños

 icon

Branco

Treixadura

Viño limpo e brillante, cor amarelo verdoso, intensidade media, aromas cítricos a limón, pomelo e cun final anisado.  Consumo ótimo nos 2 anos seguintes á súa colleita. Temperatura ideal entre 10 ºC e 14 ºC

Tinto

Mencía

Viño Limpo, brillante de capa media , cor cereixa con escintileos violáceos. Aroma Grosella e moura. Viño sedoso, equilibrado e confortable recordo. Consumo óptimo nos 2 seguintes anos a súa colleita. Temperatura ideal entre 12 ºC y 16 ºC.
Premios